8ª edición / 18-19 setembro 2026 / lugo
xardín do pazo de feiras e congresos
Vémonos en Lugo!!
SILOÉ
Siloé e unha das formacións cun crecemento realmente explosivo nos últimos anos.
Colgan o cartel de sold out nos seus directos e chegan a Caudal Fest coa súa potencia característica para poñernos ao máximo na última gran festa do verán!
Van deixar pegada en cada un de nós. Listxs para cantar a pleno pulmón os seus incribles hits?
ULTRALIGERA
Son unha das grandes bandas do momento. Cun fenómeno fan que crece a pasos axigantados!
Despois de colgar o cartel de sold out varias datas en Madrid chegan a Lugo para que o deamos todo durante as súas temazos «Matanza en el hotel» ou «Recuerdos del Baile»
XOEL LÓPEZ
A intensidade de Xoel López abárcao todo nos seus shows!
O consagrado artista pop-rock galego consolidado con 20 anos no panorama, combina a pegada no escenario cunha sensibilidade e personalidade pouco vista na escena.
As súas cancións lévannos directamente a momentos únicos e estamos seguros de que en Caudal Fest dará o máximo encima do escenario.
LA LA LOVE YOU
Coa súa característica enerxía, La La Love You son a banda perfecta que non podía faltar na última gran festa do verán!
Cun estilo pegadizo a moreas, virán a Lugo coa súa máxima potencia a petalo a lume de biqueira.
PIGNOISE
Manter a compostura no show de Pignoise non será tarefa fácil na última gran festa do verán!
O coñecido grupo non parou de sacar hits desde o seu debut na escena e marcou xeracións enteiras co seu inconfundible ton e o son punzante tan característico da banda.
Sabemos perfectamente que os hits «Nada que perder» e «Te entiendo» gritaranse como os que máis nesta edición de Caudal Fest 2026
SANGUIJUELAS DEL GUADIANA
Os estremeños levan a súa proposta e sentimento rurais ao grande nun tour increíbleble que os ha catapultado a ser un dos referentes actuais da escena indie española.
En Caudal Fest serás testemuña do seu estilo brutal que se caracteriza por unha incrible fusión de xéneros.
SEXY ZEBRAS
A famosa e potente formación Sexy Zebras farannos desgarrar as nosas cordas vocais nesta edición de Caudal Fest 2026!
Con hits como «Días de mierda», «Tonterías» ou «Nena» non deixarán ningún ser vivo sen saltar cos seus temazos!
BARRY B
Barry B apúntase á última gran festa do verán e ofrecerá para a ocasión un directo especial en Lugo!
O cantante, cun estilo único, daranos unha sorprendente performance na que non faltarán os seus himnos obrigatorios.
A súa posta en escena seguro que chamará e moito a túa atención
LEIRE MARTÍNEZ
Leire Martínez súmase ao plan da última gran festa o verán.
A conocidísima ex-vocalista da Oreja de Van Gogh presentará a súa incrible proposta en solitario onde mostrará a súa verdadeira esencia sen ningún tipo de filtro.
Estamos cun hype incrible por gozalo cos seus temazos en Caudal Fest 2026!
BESMAYA
O intenso estilo de Besmaya tomará con forza o escenario de Caudal Fest 2026!
O dúo non para de rebentalo e está a crecer dunha forma brutal. Xa teñen hits obrigados como «Cuerda Auxiliar», «Matar la pena» ou «El tiempo que paso contigo».
Non te perdas un dos directos máis impresionantes da última gran festa do verán!
ANNI B SWEET
A destacada cantautora Anni B Sweet estará a revolucionar o escenario de Caudal este 2026!
Non podemos esperar máis para gozar ao máximo dunha das grandes intérpretes da escena indie, de relevancia importante pola súa proxección internacional.
Espéranos un concerto cheo de maxia!
INAZIO
É unha das grandes estrelas emerxentes e estamos seguros que che impresionará.
Inazio pode presumir de conquistar coa súa voz e letras a todo tipo de público e espectadores. Desde o seu debut na industria en 2020 co seu álbum «Música para bailar sobre el agua» non parou de evolucionar como artista

















