[vc_row equal_height=»» shift_y=»0″ z_index=»0″ css=».vc_custom_1532600909578{margin-bottom: -110px !important;}»][vc_column][vc_custom_heading text=»Río Miño, o alma do Caudal Fest.» font_size=»48″ min_font_size=»18″ text_align=»left» font_weight=»700″][vc_custom_heading text=»A escasos metros do recinto de concertos encontrase un dos tesouros da cidade lucense.» font_size=»24″ min_font_size=»18″ text_align=»left» font_weight=»700″][vc_column_text]O 21 e 22 de setembro Lugo acollerá o Caudal Fest nun espazo privilexiado e único: a contorna do río Miño. Unha zona verde, fluvial e de natureza pura que fai que este festival goce dun atractivo ambiental especial.
A palabra latina Lucus, da que deriva Lugo, fai referencia ao bosque sacro en torno ao que se construíu a cidade segundo a lenda. Este espazo singular non se entende sen o río Miño, venerado como un pai ata a actualidade. Este símbolo de Galicia nace de forma tranquila na serra de Meira e percorre apaciblemente paraxes espectaculares como o é Lugo, a cidade máis antiga de Galicia e cun poderoso legado romano Patrimonio da Humanidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/3″][vc_single_image image=»5240″ img_size=»full» full_width=»1″ opacity=»100″][/vc_column][vc_column width=»2/3″][vc_column_text]Á súa chegada á cidade, o pai Miño ofrece a visitantes e habitantes por igual un ambiente natural sorprendente conformado por diferentes ecosistemas entre os que se atopan bosques de ribeira. As suas mansas augas, á súa vez, permiten a práctica de diferentes deportes acuáticos como piragüismo, ou realizar paseos fluviais a bordo de distintos tipos de embarcacións. Sen afastarnos da capital, por ambas as marxes do río Miño en dirección a Ombreiro ou Orbazai, sendas de terra e camiños con piso de madeira introdúcennos en bosques de castiñeiros ou claros de praderías ao longo de varios quilómetros.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»2/3″][vc_column_text]
Actividade Recomendada río Miño
O parque fluvial de Lugo esténdese en paseos, carreiros e pasarelas que enlazan entre si os recursos naturais e culturais vinculados ao río. Un bo lugar de partida, a poucos minutos de Lugo, é o Centro de Interpretación Terras do Miño na ribeira do río Fervedoira. O paseo pola beira desta pequena canle enlaza coa marxe esquerda do Miño recuperado como unha estupenda área de lecer da cidade.
No Centro de Interpretación atoparemos toda a información sobre o patrimonio natural e etnográfico que ao desprazarnos polo paseo poderemos ver en directo: as illas do río, algunhas con pasarelas de acceso; os «caneiros«: numerosas presas baixas dedicadas ás famosas «pesqueiras» -muros de pedra construídos para a pesca de anguía do Miño-; ou ferrerías como o Mazo de Santa Comba.[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/3″][vc_single_image image=»5190″ img_size=»full» full_width=»1″ opacity=»100″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/4″][/vc_column][vc_column width=»1/2″][vc_column_text]
¿Queres disfrutar da música a orillas do río Miño?
Compra a túa entrada aquí.
[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/4″][/vc_column][/vc_row]