Back to the top

FAQS

Quen organiza o festival?

O festival realízao a promotora Bring The Noise grazas á colaboración do Concello de Lugo, o cal participa de maneira moi activa colaborando coa organización.

COMO CHEGAR

Xa estou en Lugo, como fago para chegar ao recinto? Haberá un servizo especial de autobuses?

O recinto de concertos tanto o venres como o sábado é o xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Para chegar a el, disporase dun servizo de buses gratuíto dende o centro da cidade cada 15 minutos (Praza de Bretaña) e poderase tamén acceder andando dende as inmediacións. Pódese consultar aquí as liñas que haberá: www.lugo.gal. Tamén haberá buses para voltar ao final dos concertos, dende a parada de bus da Avenida dos Deportes, tamén con saídas cada 15 minutos.

 

Tamén podes usar taxi ou vehículo propio, pero as zonas de aparcadoiro nas inmediacións son limitadas.

Hai algún tipo de aparcadoiro habilitado para estacionar vehículos?

Pódese usar o aparcadoiro das inmediacións do Pazo de  Feiras e Congresos de Lugo
ou a zona do Pavillón Municipal.

E se veño en autocaravana?

Poderás usar a zona de autocaravanas á beira da Casa do Deporte ou na zona do Pavillón Municipal.

Entradas e pulseiras

Que fago coa miña entrada? Como consigo a miña pulseira?

Podes, ou ben presentar a túa entrada no móbil se non tes a pantalla rota ou se é difícil lela por calquera motivo, ou ben podes traer a túa entrada impresa, aínda que non o recomendamos para aforrar papel. Ademais necesitarás o teu DNI ou pasaporte (documento de identidade válido).

 

Ao presentala, poñeráseche en persoa a túa pulseira (non se dan en man e non se poden recoller para outra persoa).

Onde e cando podo recoller a miña pulseira?

Haberá unha zona para pulseiras na entrada do festival para recoller a túa pulseira antes de abrir o festival. 

  • Venres: 15:30 – 03:00
  • Sábado: 16:00 – 03:00
E se estou convidado ou teño unha acreditación de prensa?

Tamén hai unha caseta na zona de taquilla. Lembra levar impresa ou no móbil a túa invitación e a túa documentación.

Podo intercambiar a pulseira con alguén?

Non, son intransferibles. Non pode ir unha persoa un día e outra persoa outro, porque a pulseira non se pode quitar nin romper.

Que pasa se rompo a pulseira?

En caso de rotura de pulseira, non se dará outra.

Pódese saír e entrar ao recinto de novo? E coas entradas dun día?

Si, ao ter a pulseira poderás facelo sen problema.

ZONA DE DESCANSO

Onde podo conseguir entradas para as zonas de descanso do festival?

A zona de descanso do festival atópase á beira do recinto e é de pago. Estará dotada de todos os servizos: duchas, supermercado, consigna, seguridade… As entradas xa están 100% esgotadas. Lembra facer un uso cívico das instalacións, respectar aos teus veciños e tira o lixo nos contedores habilitados para iso.

A partir de que día se abre a zona de descanso?

Dende as 12:00 h do venres 20 de setembro ás 12:00 h do domingo 22 de setembro.

Podo acceder á zona de descanso con sillas, mesas ou toldos?

Si, pero has de respectar o espazo dispoñible na túa parcela e non invadir camiños, saídas de emerxencia… Se tes algunha dúbida, diríxete ao persoal da zona de descanso.

Podo entrar coa miña caravana á zona de descanso?

Non, non hai sitio dispoñible para vehículos dentro.

Podo levar comida e bebida á zona de descanso?

No área de descanso si está permitida a entrada de comida e líquidos.

Podo deixar cousas de valor na zona de descanso?

Non o recomendamos. Contaremos con seguridade na entrada pero é mellor non deixar nada de valor.

MISCELANEA FESTIVAL

Son menor de idade, podo ir ao festival?

Si, podes ir pero con certas condicións explicadas na política de menores da páxina web. Deberás cubrir un permiso e ter un adulto responsabilizándose de ti. Dito adulto pode responsabilizarse de máis dun menor.

Son novato, que necesito levar ao festival?

Os teus documentos, algo de roupa de abrigo e diñeiro ou/e tarxeta. Leva crema solar, posiblemente a necesites, gafas de sol, gorra… Trae o cargador do móbil se non queres estar desconectado ou unha batería recargable. Uns tapóns ou cascos axudaránche no caso de que o volumen dos concertos sexa demasiado alto para ti ou por se hai veciños molestos á hora de durmir.

 

Se vas á zona de descanso: tenda e acolchado, saco de durmir…

 

 

Cal é o horario de apertura e peche do recinto de concertos?

O venres abrimos portas ás 16:30 e o sábado ás 17:00. Tes toda a información aquí: http://caudalfest.es/horarios/

Como pago dentro do recinto?

A moeda oficial do festival son os Tuents. Estes mércanse nunhas taquillas dispoñibles no recinto. Con eles poderase pagar nas barras. Na zona de merchandising e postos de comida pagarase en efectivo ou tarxeta.

 

Nota: os Tuents non se poden devolver se non se usan. Se se poden trocar por diferentes opcións indicadas en www.tuenti.es/tuents

Haberá caixeiros dentro do recinto?

Non hai caixeiros dentro do recinto, pero tanto en taquilla como na zona de tickets poderás facer pagos con tarxeta. Recomendamos coller cartos antes de subir se non levas tarxeta.

Que podo facer polas mañás antes dos concertos?

Pois ademais de dar un paseo pola zona do Río Miño, por encima da Muralla Romana de Lugo ou polas súas rúas máis míticas no centro da cidade, podes gozar dos numerosos restaurantes e bares de tapas, gozar da gastronomía típica, e de bos viños e cervexa. Un plan ideal para repoñer forzas!

Podo entrar con comida e/ou bebida ao recinto de concertos?

No recinto de concertos do festival non se pode introducir bebida. En diferentes localizacións do recinto atoparás postos nos que poderás adquirir todo tipo de comida e bebida e para diferentes dietas e alerxias.

Como funcionan os vasos do festival?

Haberá diferentes vasos según tamaño, cóbranse aparte e non se devolven. Gárdaos entre consumición e consumición, e leva algún de recordo para casa.

Que está prohibido introducir no recinto?

Non se poden introducir:

  • Obxectos cortantes e punzantes, e armas de calquera tipo. Paraugas con punta inclusive.
  • Cinturóns de balas, cornos, accesorios con pinchos grandes, cadenas grandes, cadeados o accesorios que poidan empregarse como arma
  • Bengalas, petardos ou demais elementos de artificio
  • Palos “selfie” ou trípodes
  • Cámaras profesionais de foto e/ou video
  • Botellas, vidrio, petacas, camelbaks, tapóns de botella
  • Sustancias ilegais
  • Sillas, colchonetas
  • Bicicletas, skates ou similares
  • Lanternas, láseres
  • Instrumentos musicais
  • Animais, excepto cans guía
Que facer en caso de desaloxo?
  1. Localiza a saída de emerxencia máis preto de ti, están sinalizadas con tea amarela.
  2. Controla as túas pertenzas.
  3. Fai caso das recomendacións do persoal de seguridade.
  4. Cando abandones o recinto, faino con paciencia e de maneira ordeada, non todos á vez.
Qué debo facer se vexo a alguén intentando roubar ou provocando algún tipo de altercado?

Ponte en contacto coa seguridade do recinto, que estarán uniformados cun distintivo especial.

Teño mobilidade reducida, podo acudir ao evento?

Si, hai unha zona especial para iso. Envía un email a contacto@caudalfest.es para máis información.

Podo entrar coa miña cámara de fotos ao recinto?

Poderás en caso de que non sexa unha cámara réflex/profesional ou esteas acreditado para poder usala. Non poderás entrar cunha cámara deste tipo se no cumpres unha das dúas condicións. Cámara dixital ou GoPro, si se permiten.

Onde podo ver os planos do recinto para ubicarme?

No noso mapa oficial, proximamente dispoñible

Necesito axuda médica durante o festival, que fago?

Acude de inmediato á zona de enfermería. Localízaa no noso mapa.

E se perdo algo, a quen lle pregunto?

Na taquilla podedes preguntar polos “obxectos perdidos”. Tamén recomendamos gardar en bo lugar obxectos de valor o documentación e non deixar nada na zona de descanso que sexa susceptible a furto. Se atopas algo, por favor, agradeceríamos que o depositases nesta zona.

É seguro levar mochila no festival?

Recomendamos que cando haxa aglomeracións levedes a mochila por diante para evitar roubos e talladas de mochilas. Se vedes algo sospeitoso ao respecto, avisade a seguridade.

Quero mercar merchandising do meu grupo favorito que toca no festival. Podo facelo?

Si, a maioría dos grupos terán merchandising oficial na nosa tenda, pero polo xeral só os días nos que tocan.

Remataron os concertos do festival e teño ganas de troula. A onde vou?

Hai dúas opcións: voltar á zona de descanso ou ir aos bares e pubs de Lugo, que ofrecen esta ata última hora da noite.

Teño unha dúbida que non está aquí, a quen lle pregunto?

Podes preguntar a través das redes sociais e responderemos o antes posible. Tamén podes preguntarlle aos membros do staff que vexas no recinto, ou mandarnos un email a contacto@caudalfest.es

Consellos:

Garda ben sempre os teus obxectos de valor.

Respecta aos teus veciños na zona de descanso (non fagas a outros o que non queras que che fagan a ti).

Leva roupa cómoda e todo o necesario para disfrutar dun festival.

Usa os contedores que hai por todo o recinto e reutiliza os vasos do festival.

Respecta aos grupos: se non che gusta un grupo ou a actuación, non os vexas, pero deixa que quen quera velo, poida facelo.

 

 

© CaudalFest 2022 - contacto@caudalfest.es

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies