compra de entradas

GUÍA DE COMPRA DE ABONOS E ENTRADAS PARA CAUDAL FEST 2027

O martes 22 de setembro ao 12.00 h póñense á venda ABONOS DE 2 DÍAS para CAUDAL FEST 2027, que terá lugar o 17 e 18 de setembro de 2027 en Lugo.

As entradas diarias poñeranse á venda a posteriori, transcorridos uns meses

VACÍO

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

INFORMACIÓN PROCESO DE COMPRA
  • Durante o proceso de compra solicitaranse os datos de comprador (nome e apelidos, email, país e código postal).
  • Poderás seleccionar ata un máximo de 8 entradas por compra.
  • O único método de pago étarxeta Mastercard ou VISA.
  • Terás 10 minutos para realizar a compra, se non finalizas a compra pasado ese tempo, as túas entradas liberaranse automaticamente.
  • Se nun tramo de entradas aparece a mensaxe «Esgotada temporalmente», significa que todas as entradas dispoñibles están nese momento na pasarela de pago dos usuarios que están a finalizar a xestión de compra. No caso de que estes usuarios non finalicen o proceso, as entradas volverán liberarse.
  • Cando as entradas estean definitivamente esgotadas, a mensaxe poñerá «Esgotado».
  • Lembra NON refrescar a páxina unha vez que esteas dentro da cola virtual ou perderás a túa posición.
NOMEAMENTO DE ENTRADAS
  • Despois da compra, deberás nomear cada entrada cos datos de cada asistente (nome e apelidos, email, teléfono, data de nacemento, país e código postal)
ACCESO DE MENORES
  • Como todos os anos, os menores de 8 anos inclusive poden entrar gratis ao festival.
  • Coa entrada en vigor da Lei 6/2025, e concretamente ao cumprir co seu artigo 29, os menores de 16 anos poderán asistir ao evento só se están acompañados exclusivamente do seu pai/nai/titor/coidador legal. En Caudal Fest cumprimos coa devandita Lei e por tanto, os menores de 16 anos non poderán acceder cun adulto responsable se devandito adulto non é o seu pai/nai/titor/coidador legal. Con 16 e 17 anos, non é necesario un adulto acompañante.
MOI IMPORTANTE !!
  • A compra do teu Abono será trocada por unha pulseira persoal e intransferible ao comezo do festival, na área de validación.
  • O prezo de lanzamento dos abonos é de 47 € gastos de xestión incluídos. Unha vez finalizado a cota de entradas a ese prezo, iranse abrindo os seguintes tramos a prezos superiores.
  • A organización de Caudal Fest lembra a aqueles interesados en asistir ao festival que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS serán válidas e darán, por tanto, acceso ao festival. Caudal Fest posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas, etc. Isto é algo que ocorre cada ano e provoca que moitos asistentes queden ás portas, así que rogamos que non se utilicen estas entradas para evitar posibles prexuízos.
  • Para poder acceder en todo momento ás túas entradas compradas, recomendamos rexistrar unha conta de usuario en Enterticket. Dese modo, poderás acceder ao teu panel de usuario e localizar as túas entradas facilmente. Pola contra, recibirás as túas entradas por correo electrónico tras a compra das mesmas.
  • Lembrámosvos que non debedes publicar fotos das entradas nin a súa QR en redes sociais.
  • Desde a organización de Caudal Fest, lembramos e recomendamos acudir ao festival coas entradas en formato electrónico, para contribuír así ao aforro de papel e coidado do medio ambiente.
INCIDENCIAS
  • Se tes calquera incidencia relacionada coa compra de entradas, podes contactar a través do seguinte formulario:

Formulario Incidencias Enterticket

Grazas por formar parte de Caudal Fest

9ª edición / 17-18 setembro 2027 / lugo

xardín do pazo de feiras e congresos

Vémonos en Lugo!!