Estes son os horarios do posto de validación de entradas e abonos, onde podes recoller as túas pulseiras co cashless:

👉 Venres: 15:30 – 4:00

👉 Sábado: 16:45 – 2:55

Tanto a taquilla como a zona de validación de entradas e pulseiras estarán fóra do recinto.

Se fixeches unha pre-recarga cashless, cando che poñan a pulseira xa se recargará co diñeiro que meteches.

As entradas e os abonos pódense imprimir ou levar no teu móbil, pero tes que asegurarte de que se pode ler ben o código QR que hai.

Lembrámosvos que mentres non estean esgotadas tamén podedes mercar entradas diarias e abonos en taquilla.

Tamén haberá puntos no festival para recargar as túas pulseiras cashless, con efectivo ou tarxeta.

En breve publicaremos un mapa do recinto para que poidades atopar todo isto.

Sin categorizar