Unha das bandas de indie nacional máis grandes despídese indefinidamente dos escenarios este ano. E non poderían dicir adeus sen despedirse de Galicia por todo o alto. Alégranos poder anunciar que o último concerto de Izal na nosa terra será este ano no Caudal Fest e non vos podedes perder este momento histórico!

Con esta gran incorporación queda pechado o cartel deste ano, no cal tamén estarán Robe de Extremoduro, Estopa, Morad, León Benavente, Delaossa, Cupido, Ciudad Jara… e moit@s máis!!

O cartel por días será publicado mañá e as entradas de cada un dos días estarán á venda o vindeiro luns 29 de agosto ás 12:00 do mediodía a 39 € + gastos. 

Se non queredes quedar sen as vosas entradas, xa podedes coller os vosos abonos de 2 días na nosa web aínda a precio especial de oferta:

www.caudalfest.es/entradas/

Sin categorizar