Queremos agradecer o recibimento desta segunda edición. Batíronse os récords do ano pasado con miles de persoas conectadas e este ano será o Caudal máis grande. Grazas a todos!

Tras esgotar as tres primeiras entradas, os abonos de 2 días do festival están a 45 € + gastos, prezo que se manterá ata novo aviso.

Por outro lado sabemos que houbo xente que tivo algún problema co pago das entradas, polo que por favor enviádenos un email a contacto@caudalfest.es amosando os intentos de pago, e darémosvos unha solución.

Vémonos en Lugo!

News

Deja un comentario