Grazas por facer do Caudal Fest un dos principais festivais de Galicia.
22.134 asistentes, 100% de ocupación hoteleira, sold out na zona de descanso, 200 empregos directos e un impacto de 3 millóns de euros son o resultado da primeira edición do Caudal Fest.
O último fin de semana do verán o festival lucense achegou ás beiras do Miño a artistas de primeira liña da talla de Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez ou Rulo y la Contrabanda entre moitos outros. Sumando un total de 14 actuacións.
Na súa primeira edición o Caudal Fest tivo unha gran acollida, facendo vibrar ao ritmo da música a máis de 22 mil asistentes entre as súas dúas xornadas. Tamén é importante destacar o 100% de ocupación hostaleira na cidade e o 90% nas localidades lindeiras. E é que á cita acudiron festivaleros de toda Galicia e un destacable 20% chegou desde fóra da comunidade. Xerando na súa totalidade un impacto de 3 millóns de euros na economía da cidade.
É por iso que temos que darvos as grazas a todos vós por facer posible este soño, ou este primeiro soño xa que Caudal Fest chegou para quedar. Grazas!
Tampouco nos esquecemos dos artistas que o deron todo, os nosos super patrocinadores, os medios e todas as persoas que forman a organización. Sen vós non sería posible. Grazas!