Caudal Fest pecha o cartel da súa primeira edición
DENDE CAUDAL FEST, QUE CELEBRA A súa PRIMEIRA EDICIÓN O 21 E 22 DE SETEMBRO EN LUGO, DAMOS A COÑECER A PROGRAMACIÓN COMPLETA E A súa DISTRIBUCIÓN POR DÍAS.
VIVA SUECIA, TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO Ou RULO y lA CONTRABANDA, ENTRE OUTROS, SÚMANSE Ao CARTEL.
O Festival, que se celebrará a beiras do Río Miño, acollerá na xornada do venres 21, de entrada libre ata completar aforamento, a Rulo y la contrabanda, o grupo do exvocalista de La Fuga e unha das caras máis coñecidas do rock no noso país, aos murcianos Viva Suecia, un dos fenómenos musicais do momento, o inimitable Joe Crepúsculo e Igloo, veterana banda de rock de Caldas de Reis.
O sábado 21 tamén presenta novidades: Triángulo de Amor Bizarro e David Prado e Berta Franklin, artistas de Lugo que nos alegra acoller no festival da súa terra, que se unen a Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Novidades Carminha, Mala Rodríguez, Depedro e Eme Dj.
O concerto de Andrés Súarez previsto para o día 22 será finalmente o venres. Aqueles que teñan algún inconveniente co cambio poden contactar co Festival: contacto@caudalfest.es.
Tamén se une ao cartel La Duendeneta, que poñerá a música entre concerto e concerto.
Durante o festival lembrámosvos que temos a nosa zona de descanso para acampar á beira do recinto, xa está dispoñible aquí para reserva. Ademais, contaremos con servizo de autobuses entre o centro de Lugo e o recinto, sobre os cales daremos máis detalles proximamente. 😛