Debido á alta afluencia de xente que haberá nesta primeira edición do Caudal Fest, con practicamente toda a ocupación hoteleira ao máximo en Lugo e arredores, decidimos ofrecer un novo servizo de zona de descanso para o festival. Nesta zona poderase acampar ao carón do recinto principal, e contará con todas as vantaxes posibles: control de acceso 24 horas, seguridade privada, baños, duchas de auga quente, cafetería, etc.
Estará á venda na nosa web o próximo martes 28 ás 11:00 en forma de parcelas de 2 persoas e só custará 19 € por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival. Dado que a capacidade é limitada, Caudal Fest convídavos a facer a reserva do espazo canto antes.
Así mesmo, dado o gran número de entradas vendidas, máis de 8000 a día de hoxe, e para poder garantir que todo o mundo que ten entrada poida ver os concertos do venres 21 de setembro dunha maneira cómoda e segura, pasaremos toda a programación antes prevista na Praza de Santa María ao propio recinto do festival, no xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, co obxecto de garantir a seguridade a todas as persoas asistentes. Seguirá sendo de carácter gratuíto e nos próximos días anunciaremos a programación final dos artistas e a súa distribución nestes dous días.
Este setembro vémonos en Lugo, no Caudal Fest!