O legado romano de Lucus Augusti.

A escasos metros do escenario do Caudal Fest atópase unha zona cunha gran riqueza patrimonial e histórica: a beira do río Miño.

Nela o visitante atopará dous das herdanzas máis valiosas que deixaron os romanos na cidade (ademais da Muralla): a Ponte Romana e as Termas Romanas, que se atopan baixando a calzada romana da vía XIX. E é que máis de dous mil anos de historia dan para moito. Por iso, visitar Lugo convértese nunha viaxe ao pasado e require esquecer as présas para poder descubrir con calma os recunchos cativadores que esconde esta máxica cidade bimilenaria. Presentámosche dous lugares que che namorarán.

Puente Romano Caudal Fest

A ponte Romana

Tamén chamado “Ponte Vella”, é unha das pezas crave do rico patrimonio histórico e artístico que Lugo atesourou ao longo de dous mil anos de existencia. Esta ponte, que data da primeira metade do século I, no seu día foi a principal vía de comunicación da cidade co sur de Galicia ao permitir salvar o río Miño e hoxe en día forma parte do Camiño Primitivo de Santiago, proporcionando unha estampa única a cada peregrino.

A súa gran beleza, perfecto estado de conservación e carácter peonil permiten aos visitantes experimentar a historia e a cultura romana de primeira man nunha contorna natural espectacular.

As Termas Romanas

Outra das facetas máis atractivas de Lugo é a relativa á saúde e ao benestar. Así é que as Termas Romanas da cidade amurallada forman un conxunto senlleiro en toda Galicia. Xunto ás beiras do Miño e embebidas no Hotel Balneario de Lugo estes baños termais datan do século I. 

A súa construción comezou ao compás dos primeiros pasos da cidade xa que os baños públicos formaban parte do estilo de vida romano e representaban a grandeza e poderío dos seus gobernantes.

Na actualidade pódense visitar as diferentes salas que conformaban a estrutura deste testemuño declarado Monumento histórico-artístico de carácter Nacional. Divídense no Apodyterium,  Caldarium, Tepidarium e Frigidarium. Zonas que respectivamente facían a función de vestiario, baño quente, transición e baño frío.

Termas Romanas Caudal Fest

Horario de visita de 9:00h a 21:00h (ata as 13:00h os domingos)

Actividade recomendada

Debido á proximidade co centro da cidade unha das mellores formas de coñecer este patrimonio cultural é a pé. Saíndo da Porta Pitá ou Porta do Carmen pódese admirar unha das 5 entradas orixinais da muralla e a que mellor se conserva na actualidade. A ruta segue os pasos do Camiño Primitivo de Santiago pola calzada romana ata chegar, tras un paseo de 15 minutos, á singular Ponte Romana. Desde alí apenas 3 minutos sepáranche de coñecer as Termas Romanas, onde ademais poderás aproveitar para descansar, gozar dos tratamentos termais ou tomar algo a beira do Miño.  

¿Queres disfrutar da música a orillas do río Miño?

Compra a túa entrada aquí.

Descubre Lugo